Galicia estará representada no foro Tribuna da Auga, o gran encontro científico da Expo, por 14 científicos galegos, que abordarán outros tantos proxectos vinculados coa auga e o desenvolvemento sustentable.

Tribuna da Auga

Galicia estará representada no foro Tribuna da Auga, o gran encontro científico da Expo, por 14 científicos galegos, que abordarán outros tantos proxectos vinculados coa auga e o desenvolvemento sustentable.

Estes proxectos foron seleccionados dun total de 30 presentados por Galiza, que é a comunidade autónoma que máis expertos leva á Expo, o 35% dos expertos do Estado, unha cifra igual á de países como Rusia, Colombia ou Arxelia. De todo o mundo participarán 350 científicos. Os galegos pertencen ás tres universidades, a ONGs como Enxeñeiros sen Fronteiras, a asociacións ecoloxistas como Adega, etc.

O Foro Tribuna da Auga culminará, tras tres meses de debates, coa Carta de Zaragoza, un documento que fixará os bos usos dos Estados e territorios e os seus habitantes en relación ao consumo da auga e ao desenvolvemento sustentable.

Relación de científicos galegos participantes:

  • Augusto Pérez Alberti (21-23 xullo): Subglaciares rexión sub-antártica
  • Benedicto Soto González (30 xuño a 3 xullo): Alteracións medio fluvial por cambio climático
  • José A. Cid Fernández (1-3 septiembre): Usos enerxéticos dos recursos hídricos
  • Josefina Garrido González (30 xuño a 3 xullo): Diversidade Invertebrados acuáticos en augas estancadas
  • Virginia Rodríguez (4-6 agosto): Proxecto “Ríos”-Adega
  • Cástor Guisande Glez. (16-20 xuño): Factores que estruturan a comunidade de peixes do Amazonas
  • Enrique Peña (30 xuño-3 xullo): Cooperación ao desenvolvemento -proxectos hidrosanitarios.
  • Jerónimo Puertas (30 xuño- 3 xullo): Dispositivos para franqueo de obstáculos en ríos por fauna piscícola
  • Joaquín Suárez López (15-18 xullo): Xestión contaminación. Drenaxe, tempo, choiva e outros temas
  • Jordi Delgado (16-20 xuño): Clausura e restauración hocos mineiros * Master Enxeñería da Auga Universidade da Coruña (UDC)
  • Xan Neira (16-20 xuño): Uso sustentable da auga nos agroecosistemas
  • Raquel Fernández Beceiro (4-6 agosto): Recuperación Val de Esmelle-Ferrol
  • Serafín González (7-9 xullo): Recuperación Lagoa Antela-A Limia
  • Emilio Louro (4-6 agosto): Reserva mariña de Lira

Consellería de Innovación e Industria Xacobeo ExpoZaragoza 2008


Aviso Legal