Galicia estará presente na Exposición Internacional que terá lugar en Zaragoza a partir do 14 de xuño de 2008 (e que se prolongará durante tres meses) mediante un innovador pavillón expositivo de máis de 300 m 2, un espazo que, partindo da nosa innegable e fonda tradición, será esencialmente novo, interactivo, actual.

O Pavillón

A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Turismo, está a programar ademais un amplo e variado programa de espectáculos e actividades socio-culturais. Xunto a eles, a oferta gastronómica e das Denominacións de Orixe, e tamén das augas minerais, terá así mesmo un espazo propio, no restaurante de 80 m 2 que, situado a carón do pavillón galego, poñerá a disposición dos visitantes o mellor da nosa gastronomía.

Doutra banda, Galicia participará activamente no foro científico que leva por nome “Tribuna da auga”. Diversos proxectos de investigación actualmente en marcha en Galicia certifican o desenvolvemento do noso país nestes eidos: planes pioneiros de recuperación de cauces fluviais, aproveitamento enerxético das correntes mariñas, explotación das augas, etc.

Cen países e cinco millóns de visitantes

A Exposición Internacional de Zaragoza reunirá a preto de cen países dos cinco continentes e xirará en torno a un tema: a auga e o desenvolvemento sostíbel. Prevense máis de cinco millóns de visitantes.



Buscar


YouTube



Consellería de Innovación e Industria Xacobeo ExpoZaragoza 2008


Aviso Legal