Trátase dunha familia zaragozana que vive en Valencia. O pai, Octavio Romé, dixo que “nas Vodas de Ouro dos meus pais regaleilles unha viaxe a Galiza”.

O Pavillón galego está a ser un dos máis concorridos da Exposición Internacional. Os sábados 12 e 19 de xullo foi o máis visitado dos 140 pavillóns montados neste evento.

O Pavillón de Galiza en ExpoZaragoza recibe o seu visitante medio millón

Unha familia de catro membros, oriúnda de Zaragoza pero que vive en Valencia, foi o visitante 500.000 do Pavillón de Galiza en ExpoZaragoza. Chegaron arredor da unha e cinco do mediodía e foron recibidos pola subdirectora de Turismo da Xunta de Galicia, Pilar Morgade Saavedra. Entregóuselles un obsequio especial do Pavillón (o mesmo agasallo de prata que recibiron, por exemplo, os Príncipes de Asturias na súa visita do día 9 de xullo) e foron obxecto tamén dun percorrido guiado polo recinto.

Octavio Rome, o pai, viviu na súa infancia, en Redondela e na Coruña e comentou que, o ano pasado, “nas Vodas de Ouro de meus pais regaleilles unha viaxe a Galiza; non podía ser a outro sitio”. Octavio estaba acompañado pola súa dona Ana Cristina García e os seus dous cativos Diego e Marcos.

MÁIS DE 10.000 VISITAS DIARIAS

O Pavillón galego, promovido pola S.A de Xestión do Plan Xacobeo da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, está a ser un dos máis visitados da Exposición Internacional de Zaragoza. Conta, ata hoxe, cunha media de máis de 10.000 visitantes por día. A súa pantalla xigante integrada por 3.000 mostras de auga, a banda sonora do Aquófono e os cómodos sofás espallados por todo recinto, están a captar fondamente a atención e o interese de miles dos visitantes.

O sábado día 12 de xullo (data de inicio da Semana de Galicia en Expozaragoza) foi o Pavillón máis visitado dos 140 que integran a Expo. Recibiu 26.380 visitas, por diante do pavillón de América Latina (con 19.259 visitas) e a Torre da Auga (18.458). O sábado seguinte, o 19, volveu ser o máis visitado da Expo, con 23.139 persoas, por diante da Torre da Auga (21.045). E durante todos os días que durou a Semana de Galicia (12 ao 18 de xullo), a Fin de Semana do Termalismo Galego (19 e 20 de xullo), e a Semana dos Nenos (21 a 27 de xullo) mantívose sempre entre os dez pavillóns máis visitados.



Buscar


Novas


14.09.08

24.08.08

2.08.08

21.07.08

18.07.08

14.07.08

14.07.08

26.06.08

28.05.08

25.04.08

22.01.08

18.09.07

27.07.07

27.07.07

5.07.07

Consellería de Innovación e Industria Xacobeo ExpoZaragoza 2008


Aviso Legal