Resultou gañador, por decisión unánime do xurado, o proxecto titulado ‘Irimia’, da empresa Expociencia. Valorouse a orixinalidade, o carácter innovador e a resolución arquitectónica do proxecto.

A Consellería de Innovación e Industria falla o Concurso para o deseño do Pavillón de Galiza que se construirá en Expo Zaragoza 2008

A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, fallou o concurso para o deseño e creación dun proxecto para o pavillón de Galicia na Expo de Zaragoza 2008. No concurso resultou gañador o proxecto titulado Irimia da empresa Expociencia. En total achegáronse once propostas procedentes de todo o Estado.
O xurado, que estivo presidido polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e integrado por un total de dez persoas, entre arquitectos, técnicos xurídicos e especialistas na materia, foi unánime na súa decisión. Valorou nos gañadores a orixinalidade, o fondo carácter innovador e a axeitada resolución arquitectónica do seu proxecto. Os premiados serán agora os encargados de redactar o proxecto definitivo para o pavillón que deberá presentar este mesmo mes de setembro e dirixirán así mesmo as obras.

Premios para gañadores e finalistas

A convocatoria deste concurso prevía ademais unha serie de premios aos tres mellores proxectos. Así, o gañador percibirá un primeiro premio de 50.000 euros; o primeiro finalista, 20.000 euros, e o segundo finalista, 10.000 euros polo seu proxecto. Expociencia foi a empresa gañadora do concurso e dos 50.000 euros. Estudio Santos Zas S.L. e Graíño Nieto Arquitectos S.L., xunto con Pórtico Comunicaciones S.L. e La Nuestra Comunicación Publicitaria constitúen o grupo que se alzou co premio de primeiro finalista que supón 20.000 euros. E-Cultura Net S.A. foron os galardoados co premio de segundo finalista con 10.000 euros.

A Consellaría de Innovación e Industria prevé un investimento de 1 millón de euros para a construción final do pavillón. A achega total estimada para a promoción de Galicia na Expo de Zaragoza alcanza os dous millóns de euros.



Buscar


Novas


14.09.08

24.08.08

2.08.08

21.07.08

18.07.08

14.07.08

14.07.08

26.06.08

28.05.08

25.04.08

22.01.08

18.09.07

27.07.07

27.07.07

5.07.07

Consellería de Innovación e Industria Xacobeo ExpoZaragoza 2008


Aviso Legal