Fernando Blanco, José Luis Méndez e Julio Fernández Gayoso asinaron hoxe un convenio en virtude do cal cada caixa achegará 100.000 euros para desenvolver a promoción galega na Expo.

A Consellaría de Innovación e Industria e as caixas galegas colaboran nas actividades promocionais de Galiza na Exposición Internacional de Zaragoza

O conselleiro de Innovación e Industria e presidente do consello de administración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Fernando Blanco; o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez; e o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron esta mañá en Santiago un convenio de colaboración para a promoción galega na Exposición Internacional de Zaragoza que se vai celebrar entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008.

Ámbalas dúas entidades financeiras colaborarán coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo cunha achega de 100.000 euros cada unha para a realización das actividades de promoción de Galiza que se van desenvolver no pavillón galego que estará ubicado no recinto feiral da Expo.

A Consellaría ten como obxectivo que Galiza conte cunha presenza salientable, atractiva e diferenciada na exposición de Zaragoza, polo que ten deseñado un amplo e variado programa de actos que servirá ao país de carta de presentación ante o mundo, a modo de adianto do que será o Ano Xacobeo de 2010. Nesta liña, o pavillón galego busca a mesma singularidade, coa promoción dos recursos turísticos galegos e unha mostra da mellor gastronomía do país.

Innovación e Industria quixo contar coa colaboración da iniciativa privada, consciente de que a implicación das caixas galegas e do sector empresarial é transcendente para darlle unha maior dimensión á promoción de Galiza nun evento desta importancia. A xuízo do departamento autonómico, trátase dun investimento de futuro que repercutirá nun maior coñecemento do país, nun incremento dos visitantes do sector turístico galego e que favorecerá a internacionalización doutros sectores.



Buscar


Novas


14.09.08

24.08.08

2.08.08

21.07.08

18.07.08

14.07.08

14.07.08

26.06.08

28.05.08

25.04.08

22.01.08

18.09.07

27.07.07

27.07.07

5.07.07

Consellería de Innovación e Industria Xacobeo ExpoZaragoza 2008


Aviso Legal