O departamento autonómico presentou hoxe na Exposición Internacional de Zaragoza a nova edición do Festival Ortigueira, promovido polo Concello de Ortigueira e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

La cita estival con la música celta se celebrará del 10 al 13 de julio e contará con 25 conciertos gratuitos con grupos como Moving Hearts, The Dubliners, Värttinä, 17 hippies, Sondeseu, Uxía o Fía na Roca.

A Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia promociona o Festival de Ortigueira en ExpoZaragoza

O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar; a subdirectora xeral de Fomento e Cooperación da Dirección Xeral de Turismo, Pilar Morgade Saavedra; o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, e o director do evento, Francisco Rivera, presentaron hoxe no Centro Internacional de Prensa de Expozaragoza a edición 30 aniversario do Festival Ortigueira. O acto, enmarcado no programa de actividades para a promoción de Galiza na Expo, serviu para adiantar os principais reclamos do encontro celta máis internacional do verán galego. O Mundo Celta ofertará nesta ocasión 25 conciertos gratuítos e unha ducia de propostas paralelas.

A unha semana do arranque do Festival —que se celebra entre os días 10 e 13 de xullo— o alcalde de Ortigueira sinalou que está todo preparado para recibir aos milleiros de persoas que por uns días serán acollidos por este concello de pouco máis de 7.000 veciños. Segundo o rexidor, os visitantes, que nos últimos anos superaron os cen mil, chegarán á vila coruñesa atraídos pola mellor música celta, a convivencia multicultural en plena natureza e a gratuídade total do evento.

O Festival de música celta de Ortigueira foi declarado en 2005 evento de Interese Turístico Internacional. A súa programación para esta nova edición caracterízase pola súa variedade, calidade e carácter multidisciplinar.

O cartel do Escenario Estrella Galicia, o principal, apostaclaramente pola promoción internacional dos grupos galegos. Presentan os seus últimos traballos Fía na Roca, Uxía, Xochilmica ou a orquestra folk Sondeseu que, tras a súa actuación en Ortigueira, viaxará directamente á capital aragonesa para abrir a Semana de Galicia na Exposición Internacional de Zaragoza.

O festival salda tamén unha vella débeda cos seguidores de The Dubliners, os escoceses Boys of The Lough e os renacidos Moving Hearts, tres bandas míticas da órbita celta que, tras décadas en xira, debutan en Ortigueira. También hai lugar para propostas de raíz como a das finlandesas Värtinä ou a dos alemáns 17 hippies.

A oferta musical compleméntase cos concertos pola tarde dos finalistas do Proxecto Runas’08, destinado a impulsar bandas noveles de folk de toda a Península. O certame, cun orzamento que supera por primeira vez os 700.000 euros, completa a súa oferta lúdica cun amplo abano de actividades paralelas para todos os gustos. Feria de artesanía, exposicións, obradoiros de percusión, desfiles de bandas de gaitas das nacións celtas e, por primeira vez, teatro complementan as propostas deste evento que se consolida como escaparate de diferentes disciplinas artísticas.



Buscar


Novas


14.09.08

24.08.08

2.08.08

21.07.08

18.07.08

14.07.08

14.07.08

26.06.08

28.05.08

25.04.08

22.01.08

18.09.07

27.07.07

27.07.07

5.07.07

Consellería de Innovación e Industria Xacobeo ExpoZaragoza 2008


Aviso Legal