Concebimos cinco bloques temáticos nos que Galicia pode aportar orixinalidade e mesmo exclusividade a nivel internacional. Son, en síntese:
Temos moito que decir
Os bosques
Espazos únicos. Unha das FRAGAS máis senlleiras de Europa está en Eume, A Coruña.
Os EUCALIPTOS máis altos de Europa e os mellores bosques de ACIVRO da península ubícanse en Chavín e Os Ancares, Lugo.
O mellor bosque de TEIXOS do sur europeo resiste en Casaio, Ourense.
O maior bosque de LAUREL de Europa érguese na illa de Cortegada, Pontevedra. (Na imaxe, a Fraga de Catasós, en Lalín).
As praias
Os arenais galegos son os máis premiados do mundo. A Bandeira Azul ondea en 2007 en 119 praias.
Entre elas, AS CATEDRAIS (en Lugo, unha das formacións rochosas máis espectaculares de Europa).
CORRUBEDO (na Coruña, un dos complexos dunares máis sobresaíntes o Vello Continente).
RODAS, nas IIlas Cíes (Pontevedra, seleccionada en 2007 polo prestixioso diario británico The Guardian como a mellor praia do mundo).
Ou o lexendario areal da LANZADA (Pontevedra, onde, en pleno século XXI, aínda se repiten ritos prerromanos de fertilidade).
Turismo termal
Galicia é un dos territorios europeos con maior concentración de fontes termais.
A Comunidade é actualmente líder en España en Turismo termal. Con máis de 2.500 prazas e vintetrés balnearios, estas instalacións atraeron en 2006 a máis de 110.000 persoas.
As TERMAS ROMANAS DE LUGO (séc. I) foron as máis importantes do noroeste Hispano e hoxe conservan intactas unha das súas salas.
O BALNEARIO DE MONDARIZ (PONTEVEDRA) está considerado polas revistas especializadas máis recoñecidas, como o mellor balneario de España.
Rías e ríos
O litoral galego recórtase combinando río e ría, mar calmo e océano bravío, cun resultado único.
A RÍA DE AROUSA é a maior de España, un océano en miniatura de 25 kms de lonxitude. Nela aboian a maior parte das 3.337 bateas onde se cultiva o mexillón.
Galicia é a primeira potencia mundial en cultivo deste bivalvo.
Ao sur, a cidade de VIGO, o porto frigorífico con maior capacidade de Europa o tamén o porto mundial por excelencia en movemento de peixe fresco para consumo humano.
E pasando das rías aos RÍOS: Galicia está sucada por unha malla conformada por miles de cauces.
Neles destacan os vellos MUÍÑOS HIDRÁULICOS COMUNALES (“Muíños do herdeiro”), construcións nas que, desde hai moitos séculos, varias familias fan quendas para o aproveitamento solidario da auga e a obtención do cereal.
Por outra banda, contornos fluviais como os Cañóns do Sil, no interior galego, ou o esteiro do Miño, na Guarda, son magníficos exemplos da nosa riquexa paisaxística.
Os Camiños a Compostela
A capital de Galicia é a meta dunha ruta de peregrinación que na actualidade está a vivir unha eclosión sen precedentes en toda Europa.
Os Camiños de Santiago ou Rutas Xacobeas están fortemente vencellados ao culto histórico á agua.
Non en van, a cuncha de vieira é o amuleto protector do peregrino, descrita xa no século XII polo papa Calixto II como símbolo das boas obras.
Hoxe, como nos mellores tempos das peregrinacións medievais, toda Europa camiña, de novo, cara a Santiago de Compostela, unha das cidades españolas con máis días de chuvia ao ano, gotas que se converten en arte sobre a pedra florecida.


















